Utilización dos blogs como recurso de aula do profesorado

O nadal, unha celebración que se perde na noite dos tempos

Non vou a entrar en discusións bizantinas de que o Nadal é ou non a conmemoración do nacemento de Cristo. Pois para iso xa están os Cristiáns que si din crer nesas cousas, polo menos, cando a eles lles convén.

Acceso á Wikipedia

O que para min non ten discusión ningunha, é que son unhas festas nas que o consumismo xurde por todas partes e que algúns se FORRAN a conta do que entendo que é unha inxenuidade por parte dos que entran nese rebumbio sen cuestionarse nada mais que cumprir tódalas recomendacións de consumo con que se nos ataca de xeito desaprensivo a cotío. Polo que podemos afirmar que é a etapa do ano mais agresiva nos ataques propagandísticos e consumistas de todo o ano, como se nos quixeran deixar sen un can para comeza-la vida de novo tal como chegamos ó mundo.

Tampouco é discutible que esa data coincida dunha maneira inequívoca có nacemento do novo ANO natural xa que se establece precisamente no día máis curto do ano dando paso ó comezo do inverno onde os días empezan a medrar e a luz empeza a supera-lo baixón polo que cada ano pasa forzosamente.

Neste senso, igual que o verán proporciona actividade luz calor e días longos, estas datas de comezo da invernada son días curtos sen luz, en xeral deprimentes polo que non hai que ser moi lince para ver que tódolos santos axudan a ergue-lo ánimo a fin de superar ese baixón que marca o remate dun ano e o NACEMENTO do próximo que teremos que afrontar.

Con isto simplemente quero subliñar que e unha celebración mais, que pertence ás mais fondas e antergas tradicións que son patrimonio cultural de todos e de tódalas culturas e crenzas.







No hay comentarios: