Utilización dos blogs como recurso de aula do profesorado

PAUTAS PARA A ELABORACION DUN COMENTARIO CRITICO

Bases de datos

NON PERDE-LO TEMPO

NoN PERDE-LO TEMPO PARA ORGANIZAR UN BLOG

¿Como organizar un blog?. Parece unha tarea sinxela sen embargo como todo proceso precisa que siguamos uns pasos para non perder o tempo
No meu caso:

¿Sobre o que o imos facer?: sobre que é orientacion

¿A quén vai dirixido?

Qué infomación imos tratar .


VOLTAR Á PÁXINA PRINCIPAL


Visita ás fragas do Eume

1. - Un Espazo Natural privilexiado:

As Fragas do Eume constitúen un espazo natural único, xa que non pervive en toda a Europa Atlántica un bosque das súas características. Desta forma e grazas ao ambiente umbroso predominante, podense atopar aproximadamente 100 especies de fungos, máis de 240 de líquenes -87 propias deste lugar, 20 descoñecidas en España, 2 únicas en Europa Occidental e 1 no Continente- e 200 briofitas -52 novas en Galicia e 5 en España. Estas especies recobren os troncos das árbores e o chan, onde, xunto aos fentos -21 especies- e a un complexo florístico, predominantemente herbáceo, conforman o estrato máis baixo desta formación vexetal.
Nun piso superior están os arbustos -1 a 3 metros-, que teñen pouco desenvolvemento alí onde o bosque é moi espeso e non deixa pasar a luz, pero que crecen en grande número onde o chan non é profundo e en partes degradadas. Aquí podemos atopar abeleiras (Corylus abelá), maceiras silvestres (Malus silvestris) ou espiños (Crataegus monogyna), que poden ter porte arbóreo, así como queirugas (Ericáceas), toxos (Ulex) e acivros (Ilex aquifolium).
Por último temos un estrato arbóreo -15 a 20 metros- predominante, que conta con 23 especies arbóreas, de entre as que destaca o carballo. As demais sitúanse preferentemente segundo tres zonas: nas beiras do Eume e dos seus afluentes hai especies de Ripisilva, composta por árbores que soportan os chans encharcados como o salgueiro (Salix atrocinera) ou o ameneiro (Alnus glutinosa), acompañados de freixos (Fraxinus excelsior), olmos montanos (Ulmus glabra), bidueiros (Betula celtiberica) e mesmo loureiros (Laurus nobilis). A maior altura estaría a grande masa dominante de carballos, sobre os chans máis profundos de media ladeira, xunto a outras árbores como pradairos (Acer pseudoplatanus), saucos (Sambucus nigra), serbales (Sorbus aucuparia), loureiros e castiñeiros (Castanea sativa), especie esta última, introducida polo home que se adaptou perfectamente ao bosque galego. Nas partes somitales, en chans pobres ou naqueles que están en proceso de recuperación, volve aparecer o bidueiro, xunto ao teixo (Taxus baccata) ou ao carballo albar (Quercus petraea), ademais dalgunha sobreira (Quercus suber) e albedros (Arbustus unedo) relictos, localizados nos lugares mellor orientados cara ao sur. Relictos, igualmente, son outras especies vexetais que resaltan a importancia deste espazo, destacando entre eles o Culcita macrocarpa, a Woodwardia radicans ou a Davallia canarienses, fentos macaronésicos, pertencentes á Laurisilva ao igual que outras especies arbóreas existentes nas Fragas como o loureiro e o albedro, que están en perigo pola alteración da cuberta arbórea. Esta flora de ambientes cálidos conservouse en Galicia, cando se retirou a Laurisilva ao final do Terciario, grazas a o microclima producido pola moderación das temperaturas motivada pola proximidade do mar e a configuración do canón. Este, ao ser tan estreito, non permite a entrada dos ventos do SO e do NE, maioritarios en Galicia, nin dos temporais, facilitando a configuración de néboas. Ademais a proximidade dos montes á costa orixinan precipitacións abundantes, sobre todo nas partes altas do canón, polo que o grao de humidade é elevado todo o ano. Así por exemplo, a media da estación meteorolóxica do Encoro en 20 anos é de 1.911 mm./año; un pouco máis arriba, en A Capela (364 m.), é de 2.340. Esta circunstancia xunto coa proximidade ao mar fan que as temperaturas sexan moi suaves -14,2°C de media en A Capela-. Con este microclima de humidade constante e temperaturas temperadas creouse un ambiente propicio para a conservación de especies que xa non se atopan nestas latitudes.
Aquí tamén podemos atopar especies propias de climas montanos, subliñando así a variedade de ambientes existentes ao longo do Eume, caso do bidueiro ou da Valeriana pyrenaica, localizándose esta última nas partes máis altas e agrestes.
Polo que acabamos de expoñer compróbase que o bosque atlántico, e en particular este, é un dos ecosistemas de maior biodiversidade do planeta, con grande variedade de especies vexetais pois nel mestúranse os medios costeiro, coliño e montano, xunto ás reliquias da Laurisilva. Ademais, nun espazo tan rico, a fauna tamén é interesante, presentando 126 clases de vertebrados, aínda que a presión antrópica influíra con forza sobre ela. Son abundantes as aves limícolas na marisma do esteiro e as anátidas no Encoro. No bosque viven o picapeixe (Alcedo atthis), a laberca (Alauda arvensis), o rateiro (Buteo buteo), o moucho das orellas (Strix aluco) e o falcón (Falco peregrinus) entre outros. De entre os mamíferos destacan, por exemplo, o teixugo (Meles meles), o gato montés (Felis silvestris), o raposo (Vulpes vulpes), o abundantísimo xabaril (os Sus scrofa), a londra (Lutra lutra) e mesmo o lobo (Canis lupus) nas paraxes menos transitados polo home, é dicir ao leste do encoro. Ata o século XVII viviron osos nestas terras e ata fai poucos anos a aguia real e a pita do monte. Tamén houbo salmóns pero a construción do encoro impediulles remontar o río; Agora só quedan troitas (Trutta fario) e algún reo (Trutta trutta). Entre os réptiles destaca a píntega rabilarga (Chioglossa lusitanica), que é un endemismo do NO peninsular e ten no Eume a maior colonia de Galicia.
A parte destes valores biolóxicos, a Cunca Baixa do Eume é tamén un espazo natural importante polos seus valores xeomorfolóxicos, pola conformación dun canón profundo de pendentes acusadas e diferenzas de altura que superan os 250 metros, quedando en resalte as cristas de cuarcitas. Os afluentes máis pequenos teñen que salvar os desniveis baixando en fervenzas. Pola construción do Encoro pódense ver a
grande cantidade de bloques redondeados e marmitas de xigante no leito do río.

BIBLIOGRAFIA:

- MONTERO ARÓSTEGUI, J. (1858). Historia de El Ferrol. Reedición de 1972 de Ed. Gersán. 432 págs. Ferrol.
- SILVA-PANDO, F.J. e RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A. (1992). Guía dás árbores e bosques de Galicia. Ed. Galaxia. 294 págs. Vigo.
- VALES, C. (dir.). (1994). Os bosques atlánticos europeos:status e conservación. Ed. Baía Edicións. 243 págs. A Coruña.
- VALES, C. (1993). Ás Fragas do Eume. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. 171 págs. Santiago de Compostela.
- VALES, C. (1993). A conservación dous bosques antigos galegos. O lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre a conservación. Edicións Laiovento. 161 págs. Santiago de Compostela.


volver á páxina principal.

CENTENARIO DEL HIMNO GALLEGO


El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, conmemora el centenario de la primera interpretación del Himno gallego el 20 de diciembre de 2007 jueves en Ponteceso, donde lo acompañan mil estudiantes y la gaitera Susana Seivane, que será la encargada de poner música al poema 'Os Pinos'.Al mismo tiempo en el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro un grupo de profesores interpretan el Himno en el salón de actos con los alumnos del centro.
Además, Quintana visitará la exposición que, bajo el título 'Os tempos son chegados', permanecerá en la localidad coruñesa hasta el 10 de enero para, posteriormente, recorrerá otros municipios de Galicia. Asimismo, el vicepresidente realizará una ofrenda floral en el monumento dedicado a Eduardo Pondal, autor del Himno.
El mismo día 20 también se celebrará un acto conmemorativo en la ciudad de A Coruña en el Teatro Rosalía y bajo el título 'A nosa voz pregoa', con la participación de más de 500 personas representantes del mundo de la cultura, la economía y la política gallega.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL

Ferrol no Diccionario Madoz

Un libro excelente de consulta é o Diccionario Madoz. Estiven mirando a chamada correspondente a Ferrol e veñen varias páxinas interesantísimas sobre a localidade, con información moi variada e incluso “extravagante”. O autor do diccionario viviú no século XVIII, de ahí que fale do Ferrol daquela época, centrándose en asapectos tan diversos como a construcción de buques, o prezo do kilo de azúcar ou dun litro de aceite, as medidas utilizadas por aquel entón, o número de emigrantes, visitantes, monumentos, ríos, etc…


VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL

Organización de Blogs por artigos encadeados

Artigo de Violeta trata de Ferrol do diccionario madoz.

Artigo de de Lara que fala de non perde-lo tempo para organizar un blog.

Artigo de Lavanda que fala sobre o centenario do himno galego.

Artigo de Jesús fala da guía da excursión á fraga do eume.








Volver a tódalas publicacións


O nadal, unha celebración que se perde na noite dos tempos

Non vou a entrar en discusións bizantinas de que o Nadal é ou non a conmemoración do nacemento de Cristo. Pois para iso xa están os Cristiáns que si din crer nesas cousas, polo menos, cando a eles lles convén.

Acceso á Wikipedia

O que para min non ten discusión ningunha, é que son unhas festas nas que o consumismo xurde por todas partes e que algúns se FORRAN a conta do que entendo que é unha inxenuidade por parte dos que entran nese rebumbio sen cuestionarse nada mais que cumprir tódalas recomendacións de consumo con que se nos ataca de xeito desaprensivo a cotío. Polo que podemos afirmar que é a etapa do ano mais agresiva nos ataques propagandísticos e consumistas de todo o ano, como se nos quixeran deixar sen un can para comeza-la vida de novo tal como chegamos ó mundo.

Tampouco é discutible que esa data coincida dunha maneira inequívoca có nacemento do novo ANO natural xa que se establece precisamente no día máis curto do ano dando paso ó comezo do inverno onde os días empezan a medrar e a luz empeza a supera-lo baixón polo que cada ano pasa forzosamente.

Neste senso, igual que o verán proporciona actividade luz calor e días longos, estas datas de comezo da invernada son días curtos sen luz, en xeral deprimentes polo que non hai que ser moi lince para ver que tódolos santos axudan a ergue-lo ánimo a fin de superar ese baixón que marca o remate dun ano e o NACEMENTO do próximo que teremos que afrontar.

Con isto simplemente quero subliñar que e unha celebración mais, que pertence ás mais fondas e antergas tradicións que son patrimonio cultural de todos e de tódalas culturas e crenzas.







Uso educativo de los blogs

SlideShare | |


Este grupo de traballo ten a sede no Rodolfo Ucha (accede á páxina do instituto)









Mi primera presentación

AQUACIENCIA

Refranes Navideños

Ojalá pudiésemos meter el espíritu de Navidad en jarros y abrir un jarro cada mes del año.
(Harlan Miller)
Honraré la Navidad en mi corazón y procuraré conservarla durante todo el año.
(Charles Dickens)
¡Feliz, feliz Navidad, la que hace que nos acordemos de las ilusiones de nuestra infancia, le recuerde al abuelo las alegrías de su juventud, y le transporte al viajero a su chimenea y a su dulce hogar!
(Charles Dickens)

Navidad, esa fiesta que es de todos. Se trata de un nacimiento, pero como deberían serlo todo: el de un niño esperando con amor y respeto, porque trae consigo la esperanza del mundo.
(Margarite Yourcenar)
Navidad es una buena exusa para poder abrazar a quien queramos.
(Harlan Miller)
Primero uno cree en Papá Noel, luego uno no cree en Papá Noel y al final, uno es Papá Noel.

De turismo por Ferrol



Que bonita a Praza de Amboage. Mándovos esta foto para que vos abraiades cos seus pinos e gran extensión. Espazo aberto ó ceo.
Para máis información visitade Wikipedia

Proba Flash

LAS TARJETAS DE NAVIDAD


Cuenta la leyenda que a comienzos del siglo XIX vivía en Londres un grabador llamado Boerner, que aunque era un reconocido hombre de ingenio, disfrutaba de la soledad, lejos de todo el mundo, sobre todo en las fiestas navideñas.


Esta actitud no siempre era comprendida por sus familiares y amigos, que insistían en invitarlo en Navidad y Año Nuevo a sus fiestas y festejos. Cada año que pasaba le era más difícil escapar a tan solícitas peticiones. Finalmente Boerner tuvo una idea de la que jamás imaginaría sus consecuencias. Y así fue como el primero de enero de 1812, sus parientes y amigos recibieron una sorprendente carta. Dentro había una tarjeta en la que estaba dibujado el propio Boerner en actitud de salir de su casa, pero con la capa atrapada por la puerta, que se había cerrado a su espalda. Debajo del grabado había escrito lo siguiente: “Esta es la razón por la que no puedo visitarte este Año Nuevo”. La misiva hizo tanta gracia que el ingenioso Boerner fue disculpado.


No obstante esta historia, la tarjeta que efectivamente es reconocida como la primera tarjeta de Navidad no se conoció hasta años más tarde. La propuso el londinense sir Henry Cole en el año 1848. Este caballero, propulsor del arte y la cultura, encargó al pintor John Callcot Harsley que grabara en una tarjeta motivos navideños. El artista dibujó tres escenas rodeadas con un marco de hojas de hiedra. La del centro presentaba una numerosa familia de clase media reunida junto a una mesa sobre la que había abundantes alimentos. Pero se vivían tiempos complejos y Harsley y su mecenas Cole no pudieron escapar de las habladurías.
Alegando que incitaba a la gula, algunos sectores influyentes criticaron la tarjeta. Una crónica de la época llegó a decir lo siguiente: “No hay más que contemplar los rostros llenos de satisfacción de aquella familia y los ojos brillantes en los que se refleja la embriaguez de la bebida”. Inmediatamente se encargaron nuevas tarjetas, reemplazando las imágenes de Harsley por otras que mostraban a la Virgen y a Jesús; la mayoría, de artistas famosos como Rafael, Fray Angélico o Botticelli.


Así que, queridos visitantes, hoy faltan apenas dos semanas para alzar las copas y abrazarse con ese pariente que tanto nos fastidia el resto del año, ¿ya tenéis listas las tarjetitas?

Como subir unha presentación

Aquí tedes a presentación de como subir unha presentación!

Proba de engadir enlaces a vídeos

Vídeos en diversos formatos poden subirse ao noso blog ou enlazarse dende ferramentas como Youtube ou TeacherTube que facilita a publicación de contidos deste tipo a continuación vemos un vídeo de como enlazar no noso blog un vídeo de TeacherTube:

Proba de subida de imaxes.


Algúns tipos de imaxes que se poden incluír nos blogs son as imaxes normais de fotos.

Esta é unha abella que está enchendo as cestillas de polen dunha planta que coñecemos como choupòn (tamén lle chaman gordolobo en español) que se emprega como medicinal. Pódese ver como ten nas patas as cestillas cheas.




Nesta outra, vemos como unha garza real espera pacientemente a que se lle achegue algún peixe que lle poida servir de xantar.

Esta concretamente estaba na Malata perto da feira de mostras de Ferrol.






Primeros pasos


Mi primera intervención en el blog será saludaros a todos y felicitaros por vuestra contribución. Al final no fue tan difícil, ¿no?

Saudos

Felicitacións os bloggeros do grupoucha

Como facer un blog



esto del blog parecía mas facil pero nos va a dar chollo



mira como pongo hasta fotos.


Este non e o meu centro, e o CEIP Ponte de Xuvia donde imos realizar a festa de nadal

O PRIMEIRO BLOG


Este primeiro blog está sendo realmente excitante.É empezar a camiñar polo mundo da informática que presinto será o comezo dunha grande aventura.

primeira visita

Estou encantada de participar neste grupo de traballo. Non se me ocurre gran cousa, pero espero que este meu primeiro paso no mundo insólito dos blog sexa para ben. Un saúdo para todos os membros do equipo.

Grupo de Traballo Creación de Blogs

Utilización dos Blogs como recurso de Aula do Profesorado


Dentro da pretensión de utilización crecente, das Tecnoloxías da Información e Comunicación como recursos de Aula, este Grupo de Traballo, pretende investigar e desenvolver pautas de uso dos Blogs en Internet como ferramenta cotián utilizada e utilizable como un instrumento mais dentro do noso cometido como fundamento da docencia.

O avance imparable e vertixinoso das TIC, fan necesaria a formación continua do profesorado nestas tecnoloxías porque a sociedade avanza nesa liña, e polo tanto o alumnado xa parte da base deses coñecementos pois cada vez con mais frecuencia son utilizadas por todos como unha maneira mais de comunicación social.

Entendemos que como profesores temos un reto e tamén a necesidade de estar ó día polo que é imprescindible tentar incorporar cada recurso que poida se de utilidade no noso cometido.

Polo exposto pensamos que os Blogs tal e como se permiten utilizar hoxe en Internet ofrecen un elemento de comunicación rápida e directa, así como de participación activa e debate de todo tipo de temas e adaptado a practicamente calquera temática.